PREMIO INTERNACIONAL RAMON ROCA

Aberto o prazo de presentación de orixinais, até o 1 de abril de 2012, para o Premio Internacional Ramón Roca á investigación no campo da xestión cultural

Premio Ramón Roca
Esta convocatoria, que se realiza por segundo ano consecutivo, ten o obxectivo de contribuír ao desenvolvemento da investigación no campo da xestión cultural no ámbito europeo.
Os estudos presentados poden ser do tipo estudo de caso, impacto sobre o territorio, estudos comparados, cooperación, políticas culturais, análises de organizacións, tipoloxías de profesionais e de públicos, I+D, patrocinio e mecenado, etc.
O premio está dotado con 6.000 €.
O xurado está integrado por personalidades vinculadas ao mundo universitario: Joan Biscarri (Universitat de Lleida), Lluís Bonet (Universitat de Barcelona), Elisenda Figueras (Universitat Pompeu Fabra), Alba Colombo (Universitat Oberta de Catalunya), ademais de representantes de Ros Roca e FiraTàrrega.
Na edición anterior resultou premiado o traballo 'O retorno social das políticas culturais: como medir o valor público da cultura', unha obra dos estudiosos Nicolás Barbieri, Xavier Fina, Eva Merino, Adriana Partal e Joan Subirats que abordaba diferentes ámbitos da xestión e da política cultural analizando o seu valor público e os beneficios que produce na ciudadania.
Os orixinais para a presente convocatoria pódense enviar a FiraTàrrega até o 1 de abril de 2012.
Para máis información e detalle das bases, www.firatarrega.com e www.rosroca.com

  • 2012-02-22 14:37:18
  • Noticia leida 61 veces
  • Novas