PREMIO INTERNACIONAL RAMON ROCA
Aberto o prazo de presentación de orixinais, até o 1 de abril de 2012, para o Premio Internacional Ramón Roca á investigación no campo da xestión cultural ... ver máis |
Aberto o prazo de presentación de orixinais, até o 1 de abril de 2012, para o Premio Internacional Ramón Roca á investigación no campo da xestión cultural ... ver máis |
O Seminario europeo para o desenvolvemento das artes circenses, Fresh Circus # 2 terá lugar no Parc et Grande Halle de la Villette (Paris). Esta acción, promovida pola rede de traballo Cicostrada, pretende facer unha reflexión sobre o estado do sector que leve a formular unha serie de propostas concretas que permitan a súa estruturación. O seminario contará con 10 sesións de traballo temáticas destinadas a profesionais da área das artes circenses. A inscrición é gratuita. ... ver máis |
SIMBA, o Seminario Internacional de Música e Artes Escénicas, pon en marcha a súa cuarta edición que se celebrará os próximos 23 e 24 de marzo no Círculo de Belas Artes de Madrid. Este punto de encontro para todos os profesionais do sector musical e as artes escénicas, presenta un programa de contidos que reúne formación, relación entre profesionais do sector musical & escénico e actuacións en directo de música & artes escénicas. ... ver máis |
Ábrese o prazo de preinscricións para o Obradoiro Teórico-Práctico que GECA organiza xunto ao IAPH baixo o título ‘O impacto da web social e as tecnoloxías dixitais na xestión cultural' de carácter presencial e que terá lugar do 6 ao 8 de marzo de 2012 na sede do Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico na Illa da Cartuxa de Sevilla, baixo a dirección de Carlos Ojeda Sánchez. ... ver máis |
A Cidade da Cultura acolle o Encontro Internacional Economia e Cultura os días 16 e 17 de febreiro de 2012. Que pode aportarlle o mundo da cultura ao da empresa? Publicidade, innovación, imaxe. E o mundo da empresa ao da cultura? Capacidade de xestión, financiamento, estabilidade. Nun momento especialmente difícil, o fomento da economía creativa -unión dos mundos da empresa, a cultura, as TICs, a innovación, a creatividade e o emprendemento- preséntase como unha das mellores fórmula de éxito. O Encontro Internacional Economía e Cultura analizará tres posibles vías coas que establecer esta alianza empresa-cultura: financiamento, deseño e innovación. ... ver máis |
O xoves 9 de febreiro ás 17:00 horas, na biblioteca do Consello da Cultura Galega, primeira conferencia do seminario ‘Os sentidos da Cultura' a cargo de Bartolomé Clavero, catedrático de Historia do Dereito e das Institucións da Universidade de Sevilla e membro do Foro Permanente de Nacións Unidas para as cuestións indíxenas. ... ver máis |
A Fundación Academia Europea de Yuste convoca o Premio europeo Carlos V 2012 destinado a premiar a aquelas persoas físicas que, co seu esforzo e dedicación, contribuísen ao coñecemento xeral e engrandecemento dos valores culturais, científicos, sociais e históricos de Europa e/ou a unificación europea. |
A campaña ‘We are more' (somos máis) pretende recoller firmas e facer un chamamento á mobilización aos profesionais do sector cultural e das artes, para presionar ao Consello de Ministros de Cultura da Unión Europea, que negociarán en maio o orzamento para os próximos anos en materia de Cultura. Queremos que se visibilice a importancia real do sector no conxunto da economía e o desenvolvemento, así como a importancia de preservar a diversidade cultural como un dos activos da Unión. ... ver máis |
A Asociación de Museólogos e Museógrafos de Andalucía (AMMA) organiza, en colaboración coa Universidade de Sevilla, dous cursos de Experto universitario coa temática de museos, museología e museografía das que quedan poucas prazas. Un deles é na Facultade de Economía: ‘Economía e Xestión dos Museos' e o outro na Facultade de Arquitectura: ‘Xestión do Patrimonio: Proxecto, Organización e Produción de Exposicións'. ... ver máis |
O Programa Xestión de Institucións Culturais organizado pola IESE Business School da Universidade de Navarra celébrase anualmente desde 2009 e asistiron responsables das principais institucións culturais españolas. A cuarta edición "Chaves para o Desenvolvemento de Audiencias e a Sustentabilidade Financeira" impartirase no IESE de Madrid os días 5, 6, 7 e 8 de marzo de 2012. ... ver máis |